A vida reúne diferentes propiedades que emerxen de niveis organizativos máis elementais. Sabemos que as propiedades químicas atribuíbeis aos átomos non aparecen nas súas partículas constituíntes e as das moléculas difiren das propias dos seus átomos, de igual forma que as células transcenden ás macromoléculas do seu interior e os seres pluricelulares aos seus tecidos. En xeral, as propiedades emerxentes caracterizan a moitos sistemas complexos e nada máis complexo que a vida. Os sentidos, as emocións e os pensamentos son, desde logo, propiedades emerxentes.
Antes da evolución biolóxica, actualmente ben recoñecíbel, tiveron que ocorrer outras evolucións necesarias: unha física, da que emerxeron partículas e interaccións básicas, outra xeolóxica (que definiu o escenario) e unha química, que deu lugar ás moléculas que nos trouxeron ata aquí, a todos os seres vivos do planeta. Pero non todo é tan simple e lineal.
Pese á tentación antropocéntrica, os humanos non somos o cumio ou obxectivo desas evolucións aínda que, certamente, iniciamos unha evolución cultural que motivou, tamén, algunhas propiedades emerxentes. Algunhas leváronnos moi lonxe na nosa capacidade para xestionar os recursos do planeta e recoñecer multitude de compostos orgánicos de gran importancia na alimentación e na farmacoloxía. Pero, en moitos casos, esa xestión dos recursos pode supoñer un risco para outras formas de vida e para nós mesmos.
Ramón Vilalta López (Montevideo, 1957) doutourose en Química pola USC, investigando sobre produtos naturais mariños. Como profesor de Física e Química, traballaou en diversos Centros de secundaria, impartindo tamén clases de Astronomía. É autor de varios libros de ciencia como 'Astronomía práctica e outras cousas', 'Funciona!Todo Vai', 'Introdución ás relatividades de Einstein', 'Unha Lúa azul', 'O modelo do Big Bang e a xestación do Universo',... e, tamén, de varios guións de vídeo e artigos de divulgación. Foi coordinador dun Dicionario de Química (UDC) e dun Dicionario de Física (Baía Ed.).
La librería Bubok cuenta con más de 70.000 títulos publicados. ¿Todavía no encuentras el tuyo? Aquí te presentamos algunas lecturas recomendadas basándonos en las valoraciones de lectores que compraron este mismo libro.
¿No es lo que buscabas? Descubre toda nuestra selección en la librería: ebooks, publicaciones en papel, de descarga gratuita, de temáticas especializadas... ¡Feliz lectura!
Bubok es una editorial que brinda a cualquier autor las herramientas y servicios necesarios para editar sus obras, publicarlas y venderlas en más de siete países, tanto en formato digital como en papel, con tiradas a partir de un solo ejemplar. Los acuerdos de Bubok permiten vender este catálogo en cientos de plataformas digitales y librerías físicas.
Si quieres descubrir las posibilidades de edición y publicación para tu libro, ponte en contacto con nosotros a través de este formulario y comenzaremos a dar forma a tu proyecto.