'Big bang' foi o termo empregado polo científico Fred Hoyle, nunha entrevista radiofónica de marzo do 1949, para ridiculizar un modelo, unha idea; o nome nunca sería admitido polos defensores daquel modelo, atendendo ás varias acepcións de 'bang'. Pero, ao igual que o fai o Universo, aquel modelo expandiuse, deixando á vista diferentes campos de estudo e non unha, se non moitas ideas. Así, atopamos predicións ben confirmadas, algunhas afirmacións hoxe desbotadas e outras cuestións pendentes. Neste camiño, tamén se xuntaron novas ideas, hipóteses adicionais (como a inflación, a materia escura ou a enerxía escura), que poden mellorar o modelo, ou non; niso estamos.
E podemos empregar o nome para o instante inicial, o cero-cero do noso Universo, cunha singularidade moi cuestionada e á que se presentan diversas alternativas ou, empregalo para indicar o longo proceso que poderíamos considerar a 'infancia' do Universo, do que cremos saber que se expande.
Ramón Vilalta López (Montevideo, 1957) é doutor en Química. Catedrático de Física e Química, foi coordinador dun dicionario de Química (Universidade da Coruña) e doutro de Física (Baía Ed.), autor de libros como 'Astronomía práctica e outras cousas', 'Funciona! Todo vai!', 'Una Luna Azul', 'Otra Luna Azul', 'Lúa Azul 1. Astronomía' (Bubok Ed.) ou 'Introdución ás relatividades de Einstein' (Xerais Ed.). Foi, tamén, coguionista de vídeos didácticos como 'A mensaxe das estrelas' e formou parte do grupo Antares de Astronomía, impartindo esta materia cando, en Galicia, existía como tal, no antigo BUP.
La librería Bubok cuenta con más de 70.000 títulos publicados. ¿Todavía no encuentras el tuyo? Aquí te presentamos algunas lecturas recomendadas basándonos en las valoraciones de lectores que compraron este mismo libro.
¿No es lo que buscabas? Descubre toda nuestra selección en la librería: ebooks, publicaciones en papel, de descarga gratuita, de temáticas especializadas... ¡Feliz lectura!
Bubok es una editorial que brinda a cualquier autor las herramientas y servicios necesarios para editar sus obras, publicarlas y venderlas en más de siete países, tanto en formato digital como en papel, con tiradas a partir de un solo ejemplar. Los acuerdos de Bubok permiten vender este catálogo en cientos de plataformas digitales y librerías físicas.
Si quieres descubrir las posibilidades de edición y publicación para tu libro, ponte en contacto con nosotros a través de este formulario y comenzaremos a dar forma a tu proyecto.